Deporte Galego

A XXXV Copa Galicia Sénior Feminina, protagonista no mes de setembro

  • 14 Xullo 2022 |

A Copa Galicia Sénior Feminina vivirá ao longo do mes de setembro a súa XXXV edición, unha cita para a que a Federación Galega de Baloncesto acaba de dar a coñecer o seu formato.

Palamarés Copa Galicia

A competición Copeira Feminina para o 2022 iniciarase coa posta en marcha dunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada.

Os tres disputarán unha liga a unha volta con data tope para a súa conclusión no 17 de setembro. O equipo mellor clasificado desta previa pasará directamente á Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo Durán Maquinaria Ensino, como representante en Liga Feminina Endesa; e Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol como equipos de LF Challenge.

O 23 de setembro é a data marcada para a disputa destas semifinais. Nestas, a orde de enfrontamentos directos para os equipos de LF Challenge decidirase por sorteo. A celebración da Final queda, pola súa banda, marcada para o 25 de setembro.

Resta por coñecer a sede para esta Fase Final nunha XXXV edición da Copa Galicia Feminina que buscará dar o relevo ou repetir o Campión de 2021, Baxi Ferrol.

Palmarés Copa Galicia 

XXXV Copa Galicia Sénior Feminina 2022

Fase Previa 

1ª Xornada

Mariscos Antón Cortegada - Maristas Coruña

2ª Xornada  

CB Arxil - Mariscos Antón Cortegada

3ª Xornada  

Maristas Coruña - CB Arxil

Fase Final 

23/09/22  - Semifinais

Equipo Challenge – Gañador Fase Previa            (X)

Durán Maquinaria Ensino – Equipo Challenge  (Y)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence