Deporte Galego

Sorteados os grupos da primeira fase do Campionato de España Infantil Feminino

  • 25 Maio 2022 |
Sorteados os grupos da primeira fase do Campionato de España Infantil Feminino
(Foto:FEB)

Sorteouse a composición da primeira fase do Campionato de España Infantil Feminino, que se disputará do 5 ao 11 de xuño en Betanzos. Os 32 equipos dividiranse en oito grupos de catro e xogarán tres partidos de primeira fase. 

ÁREA DE COMUNICACIÓN FEB. Despois da disputa do Campionato de España Júnior e Cadete, chega a quenda dos máis pequenos, das xeracións do 2008 e 2009. En Betanzos sorteouse a primeira fase do torneo coa presenza de Andrés Hermida, concelleiro de Deportes de Betanzos; Ángeles Veiga, concelleira de Comercio de Betanzos; Jose Villamarín, vicepresidentes da Federación Galega e Jose M Valeiro, presidente do Santo Domingo Betanzos.

O sistema de competición seguirá sendo igual que nas últimas tempadas. Os 32 equipos distribúense en oito grupos de catro, os catro primeiros cos cabezas de serie. Dos grupos A, B, C e D pasarán a oitavos os tres primeiros clasificados, mentres que dos grupos E, F, G e H o líder de cada un deles. A partir de aí, cruces directos de oitavos, cuartos, semis e final (11 de xuño)

INFANTIL FEMININO
Grupo A: Unicaja Andalucía, Advisoria Mataró, Babypat Hijolusa y Movistar Estudiantes.
Grupo B: Valencia Basket, SPAR Gran Canaria, CB Costa Artabra, GLS Córdoba.
Grupo C: Casademont Zaragoza, Gestión y Calor Cordobasket, Barça CBS, Ponce Ginemédica.
Grupo D: Basket Almeda, Enertec Real Canoe, EMB Candelaria, Ais Balear Alcùdia.
Grupo E: CN Helios, Kells College, CB buen Consejo, 2º País Vasco.
Grupo F: CB San Blas Alicante, CB Navia – La Magay, Civitar Pacensis Negro, 1º País Vasco.
Grupo G: Aranguren Mutilbasket, Ignacio Martínez MB, Allariz Stop Alarma, St. Casablanca.
Grupo H: Celta Zorka, Lujisa Guadalajara, Campus Promete, Saunier Duval Godella.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence