Deporte Galego

Betanzos e Marín, sedes para os Campionatos de España de Clubs en categoría Infantil

  • 08 Abril 2022 |

Galicia será a sede para os Campionatos de España Infantís de Clubs por oitava temporada consecutiva. As localidades de Betanzos e Marín serán o escenario un ano máis duns Campionatos que se configuran como eventos deportivos de máximo nivel nacional no ámbito do Deporte Base.

Nesta edición de 2022, que terá lugar entre os días 5 e 11 de xuño; o Concello de Betanzos acollerá o Campionato en categoría feminina e o Concello de Marín a competición masculina. En ambos os casos, contando coa colaboración dos clubs locais, Santo Domingo Betanzos e CB Marín Peixegalego, respectivamente.

Os 64 mellores equipos infantís de España, 32 por categoría; chegarán a Betanzos e Marín para consolidar a firme aposta da Federación Galega de Baloncesto polo Baloncesto Base e polos seus compoñentes deportivos e sociais.

Ambas as localidades seguirán completando así para Galicia unha impecable traxectoria organizativa dos Campionatos de España de Baloncesto nesta categoría:

Sedes Campionato de España Infantil Feminino
2013 - 2014: Pontevedra
2014 - 2015: Pontevedra
2015 - 2016: Pontevedra
2016 - 2017: Marín
2017 - 2018: Pontevedra
2018 - 2019: Marín
2019 - 2020: Suspendido
2020 - 2021: Marín
2021 – 2022: Betanzos

Sedes Campionato de España Infantil Masculino
2013 - 2014: Cambados.
2014 - 2015: Cambados.
2015 - 2016: Lugo.
2016 - 2017: Cambados e Vilanova.
2017 - 2018: Marín.
2018 - 2019: Lugo.
2019 - 2020 - Suspendido.
2020 - 2021: Betanzos.
2021 - 2022 Marín.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence