Deporte Galego

O 3x3 faise forte en Marín no Torneo Xacobeo 21- 22 3x3 FGB

  • 26 Decembro 2021 |

Gran domingo de Baloncesto co que nos agasallou o Torneo Xacobeo 21- 22 3x3 FGB que celebramos en Marín gracias ao apoio de Xacobeo 21 - 22 e Xunta de Galicia; e a indispensable colaboración de Concello de Marín e Club Peixe Fresco.

Torneo Xacobeo 21- 22 3x3 FGB: Calendario e Resultados

Torneo Xacobeo 21- 22 3x3 FGB: Galería

Competición 3x3 e un intenso Concurso de Tiro configuraron a xornada completa de Basket nun Pavillón de A Raña engalanado para recibir ao Torneo Xacobeo 21-22 3x3 FGB. A Fase Previa en quenda de mañá, e as eliminatorias decisivas da tarde, deixaron ao equipo Flow Viellos como o líder dun total de 11 combinados participantes.

A súa vitoria (21 - 19) chegou na final ante o equipo "Peixe" nun duelo que, como todos os que se desputaron durante o domingo, puidemos seguir en directo vía FEGABA TV. 

E, precisamente do equipo subcampión do Torneo, Peixe; foi o vencedor da outra gran atracción da xornada: o Concurso de Tiro. Pablo Castro impúxose na final de Tiro a Yara Costas, quen tamén ofreceu un gran certo nesta especial cita.

pablo castro

Pablo Castro, Campión Concurso Tiro

Ambos os dous, como por suposto o Campión e Subcampión por equipos, recibiron o aplauso do público e os seus trofeos correspondentes, os cales lles entregaron o Presidente FGB, Francisco Martín; e Antonio Caíña, representante da Concellería de Deportes de Marín. 

Para revivir o acontecido este domingo permanecen dispoñibles na nosa canle FEGABA TV o total dos partidos celebrados nas dúas pistas de xogo. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence