Regresa a Compostela o formato “Xuntanza”. A capital galega, gracias á colaboración do Concello local, acolle este sábado, 12 de outubro; unha nova convocatoria para esta actividade programada pola área deportiva FGB co obxectivo de seguimento e avaliación dos xogadores e xogadoras máis novos.
Esta primeira edición da “xuntanza” da presente temporada oriéntase á categoría Minibasket, contando con oito combinados de xogadores e outros tantos de xogadoras pertencentes ás sete delegacións zonais FGB, máis un combinado autonómico, denominado “Galicia 2009”; convocado para a ocasión. Todos, pertencentes a diferentes clubs da nosa Comunidade Autónoma.
Serán un total de 80 participantes que se den cita no Pavillón do Restollal, sede xa habitual para esta actividade. Na mesma, desputaranse dous encontros por cada equipo, buscando crear un escenario alonxado da pura competición pero axeitado para a observación dos xogadores por parte dos colaboradores técnicos FGB.
Os listados dos 16 equipos, así como o calendario que terán que afrontar neste sábado festivo, pode consultarse nos documentos que se achegan.