Deporte Galego

A Delegación de Coruña chama á participación para un novo curso de iniciación á arbitraxe

  • 27 Febreiro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Delegación de A Coruña e baixo a Dirección Técnica de Miguel Angel Pérez, convoca un Curso de Árbitros orientado a todas aquelas persoas interesadas nesta faceta, sen distinción de sexo e a partires dos 14 anos. Sendo a participación, á súa vez, enteiramente de balde.

O curso desenvolverase a partir do vindeiro 19 de marzo e o prazo de inscrición estenderase ata o xoves, 15 de marzo. Os interesados poden tramitar a súa presenza do xeito habitual para estas actividades: ben por correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), ou ben por teléfono (981269694). Os datos persoais, a súa posible experiencia previa no Baloncesto e o seu enderezo de contacto serán precisos para cumprimentar este proceso.

Colaboración dos clubs
E, para non desperdiciar a experiencia e coñecementos de antigos xogadores, a Delegación Coruñesa solicita a colaboracións dos clubs para, entre todos, acadar unha maior difusión do curso e chegar así a diferentes públicos, facendo fincapé nas vantaxes da arbitraxe, actividade ben conxugable con estudos e traballo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis