Deporte Galego

Formación para novos colexiados na Delegación de Arousa

  • 26 Marzo 2012 |

A Delegación en Arousa da FGB vive esta semana un novo capítulo de formación para a súa área arbitral. No mesmo, unha ducia de aspirantes a colexiados traballan nun curso xunto aos técnicos arbitrais habituais desta zonal. E para que comezasen con bo pé a súa andaina, os alumnos tiveron este pasado venres a oportunidade de interaccionar co Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez.

O máximo responsable do Comité foi o encargado de inaugurar o curso e coñecer en persoa aos alumnos, os cales xa teñen superado, como paso previo, un curso de oficiais de mesa. Mediante unha charla sobre Psicoloxía arbitral, avalada pola súa ampla experiencia, Pérez deu a benvida a todos os participantes e quixo comentar con eles cales eran as súas inquedanzas á hora de iniciarse no mundo arbitral.

A visita de Miguel Ángel non fixo máis que abrir toda unha semana de traballo que continúa coa seguinte programación:

26/03/12: Regras de Xogo.
27/03/12: Regras de Xogo e Mecánica.
28/03/12: Mecánica.
29/03/12: Mecánica.
30/03/12: Normativa. Bases de Competición.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis