Deporte Galego

O técnico vigués, Miguel Méndez, campión da Copa de Italia

  • 17 Febreiro 2014 |
Familia Schio, con Méndez á fronte, na celebración copeira
Familia Schio, con Méndez á fronte, na celebración copeira www.familabasket.it

O noso compatriota, o técnico galego Miguel Méndez, renova a súa cita co éxito deportivo, esta vez da man da Copa de Italia, país no que adestra ao Familia Schio, coronado na tarde de onte campión desta competición por oitava vez na súa historia.

Miguel Méndez, adestrador vigués na actualidade en Italia, proclamouse campión na xornada deste domingo da Copa de Italia ao fronte do Familia Schio, equipo feminino que dirixe esta temporada.

Se o pasado ano felicitábamos a Méndez pola súa vitoria na Copa da Reina Española, nas filas de Rivas Ecópolis, neste 2014 a boa nova chega dende o país transalpino.

Familia Schio impúxose na final do torneo do KO ao Gesam Gas Lucca (71 -61), facendo seu un trofeo que encheu de ledicia tanto ao propio Miguel Méndez, que suma a terceira Copa ao seu currículo persoal, como a todo o seu cadro técnico e xogadoras.

Dende a Federación Galega de Baloncesto non queremos deixar pasar a oportunidade de felicitar a Miguel Méndez e ao seu equipo por esta boa nova. En particular, trasladar os nosos parabéns ao vigués, colaborador habitual desta FGB e traballador incansable do Baloncesto.

unnamed

O vigués, feliz coa Copa de Italia (Foto:Twitter. @miguelmmendez)

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence