Deporte Galego

VIII Semana de Adestramentos Adecco Oro

  • 13 Febreiro 2014 |

Regresa unha temporada máis o programa formativo “Semana de Adestramentos Adecco Ouro”, actividade para a cal a FEB conta coa colaboración directa da Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEEB), dos clubs da liga Adecco Oro, e das distintas Federacións Autonómicas.

Os adestradores galegos teñen de novo ante si a oportunidade de formarse cos mellores profesionais do noso baloncesto, e todo gracias á "Semana de Adestramentos Adecco Oro".

A Federación Española de Baloncesto, dan man da AEEB, renova este programa de "formación continua" para a presente temporada, ofrecendo aos técnicos de todo o país a posibilidade de compartir, dende dentro, unha semana completa de traballo e adestramentos  (sesións técnicas de obrigatoria asistencia e sesións físicas voluntarias) cun equipo da máxima competición do Baloncesto FEB (Adecco Oro).

C.B. Breogán, Leyma Natura Básquet Coruña e Ourense Termal configuran a proposta galega nesta VIII edición da “Semana de Adestramentos”, formando parte así desta experiencia didáctica o trío de técnicos composto por Lisardo Gómez, Tito Díaz e Gonzalo García de Vitoria, respectivamente.

A primeira convocatoria galega terá lugar na cidade da Muralla na semana do 24 de febreiro ao 02 de marzo con C.B. Breogán; Posteriormente virán, Ourense Termal, do 3 ao 9 de marzo; e Leyma Natura Básquet Coruña entre o 24 e o 30 de marzo.

Inscrición

Os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas tres propostas poden inscribirse a través da propia Federación Galega de Baloncesto, enviando a correspondente folla de inscrición a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Indicar que ao remate de cada “Semana de Adestramentos”, os participantes deberán elaborar un traballo, de obrigada entrega, sobre os detalles técnicos contemplados durante a mesma. Tras culminar este proceso, os “alumnos” recibirán un certificado de asistencia válido por 20 h, hábil para obter a acreditación das horas de prácticas requiridas para as titulacións expedidas pola Federación Española de Baloncesto

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence