A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Calatalana de Baloncesto, convoca unha nova edición do Curso de Adestrador Superior, de carácter federativo e cuxa fase presencial celebrarase en Barcelona do 7 ao 16 de xullo.
(Info: FEB) Trátase da edición número 47 do Curso Superior de Adestradores, de carácter nacional e semipresencial cunha carga lectiva total de 755 horas e de carácter federativo. A carga lectiva axústase ao establecido no Plan de Estudos da Escola Nacional de Adestradores e agrúpanse en catro grandes bloques: Formación do xogador na etapa de alto rendemento, Adestramento de alta rendemento de baloncesto, Táctica de ataque e defensa en baloncesto de alto rendemento e Dirección de equipos de alto rendemento en baloncesto. As horas lectivas distribuiranse entre o Bloque Común (200), o específico de baloncesto (280), o proxecto final (75) e as prácticas (200).
Os adestradores interesados terán que ter a titulación de Segundo Nivel coas prácticas finalizadas e presentar a preinscrición adxunta antes do 14 de abril de 2023. A Fase non Presencial, que se realizará por medio dunha aula virtual en liña comezará a finais de abril e finalizará en decembro de 2023. A Fase Presencial celebrarase en La Salle Bonanova de Barcelona, do 7 ao 16 de xullo, antes de iniciar a Fase de Proxectos e a Fase de Prácticas. Nos próximos días a FEB fará público o boletín de aloxamento. Calquera dúbida, contactar con Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.