Deporte Galego

Clínic de Nadal “CAB Pontevedra”

  • 28 Decembro 2022 |

Nova Convocatoria formativa para adestradores da man do CAB Pontevedra programada para este venres, 30 de decembro: no Pavillón IES Frei Martín Sarmiento.

En formato Clínic e coprotagonizada polos técnicos Carlos Maceiras e César Iglesias, a cita contará con catro charlas diferenciadas baixo a seguinte programación horaria:

Carlos Maceiras (Adestrador EDO Blanco Amor)

10:30 h a 11:45 h. “Traballo de pase en categorías de formación”
12:00 h a 13: 15 h. “Situacións de 2x1 defensivas e rotacións”.

César Iglesias (Adestrador Novobasket / Adestrador Iberconsa Amfiv)

16:30 h a 17:45 h. "Da técnica a táctica Ofensiva".
18:00 h a 19:15 h. "Cambio de ritmo defensivo. Lectura en defensa".,

Validación Horaria
A participación neste Clínic de Nadal “CAB Pontevedra” validarase por un total de 12 horas de formación FGB para os alumnos dos Cursos FGB: 12 horas se asisten á xornada completa (6 horas pola quenda de mañá e 6 horas correspondentes á quenda de tarde).

Inscrición
A inscrición ten un custe de 5 euros para adestradores e persoas interesadas alleas a CAB Pontevedra. Toda a información e contacto pode consultarse a través de mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), teléfono (676 61 60 44) e nas redes sociais do propio club organizador. 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis