Deporte Galego

Activos os Cursos de Iniciación para Adestradores 2022 - 2023

  • 28 Xullo 2022 |

Primeiras datas no calendario formativo para adestradores na temporada 2022 – 2023.

As Delegación FGB en Arousa e Lugo son as primeiras en establecer as súas convocatorias 22 – 23 nesta área de traballo. Co remate do verán  abrirán os dous primeiros cursos no nivel iniciación, con sede e datas xa marcadas:  

Delegación Arousa
Sede: Vilagarcía de Arousa
Datas Formación Presencial: 02, 03 e 04/09/22

Delegación Lugo
Sede: Sarria
Datas Formación Presencial: 02, 03 e 04/09/22

En ambos os casos, a formación online comezará unha vez se cumpra a fase presencial.

A normativa completa que especifica ao detalle a carga lectiva e a complementaria para os cursos de adestradores neste estadío de iniciación pode consultarse tamén no documento que achegamos.

Inscrición

A inscrición para estas dúas primeiras convocatorias debe realizarse cumprindo os seguintes pasos:

  1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN

Unha vez enviado, é preciso remitir vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a seguinte documentación:

  • Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406. Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
  • Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).

Unha vez se reciba correctamente na FGB tanto o formulario como os documentos, os alumnos recibirán un email de confirmación.

En ambas as convocatorias o prazo de inscrición rematará o 29 de Agosto. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence