Deporte Galego

O CAD Manuel Peleteiro - FGB pausa a Formación do Ciclo Inicial

  • 20 Xullo 2022 |

- O Ciclo de Actividades Deportivas Manuel Peleteiro - FGB cesa nesta temporada a súa tarefa correspondente ao Ciclo Inicial.

- O proxecto formativo que emprenderon en 2016 de xeito común a Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro unicamente proseguirá a formación 2022 - 2023 no relativo ao Ciclo Final de Grado Medio.

 O CAD Manuel Peleteiro - FGB detén o seu traballo didáctico no nivel inicial tras sete anos de evolución. O tope de alumnos solicitantes de inscrición nesta nova temporada non fai posible levar a cabo o curso académico seguindo a estrutura desexada pola FGB e presentada ao Colexio Manuel Peleteiro.

Esta interrupción das aulas no nivel inicial realizarase de xeito transitorio, co obxectivo de reactivala de novo nos vindeiros ciclos deportivos. A meta é seguir consolidando un proxecto sólido e plataforma de prestixio para a aprendizaxe dos adestradores e adestradoras galegos.

Futuro Inmediato

No presente escenario, e considerando que no inicio da nova temporada 2022 – 2023 a Federación Galega de Baloncesto contará cun novo equipo directivo tras a celebración de eleccións á presidencia, o vixente equipo de traballo que lidera Francisco Martín non tomará máis decisións na área relativa ás titulacións dos adestradores e adestradoras galegas.

Neste punto, queremos resaltar o compromiso da dirección do Colexio Manuel Peleteiro, do profesorado do Ciclo e dos seus alumnos e alumnas. Sen eles, a traxectoria percorrida ata o momento non sería posible, nin o será no futuro.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence