A Área Deportiva FGB súmase as actividades online adaptadas a esta época de confinamento e presenta as súas “Conversas Técnicas On line”. De acceso para todos aqueles adestradores e adestradoras que o dexesen baixo inscrición previa, chegan tres citas en formato de mesa redonda nas que dar protagonismo ao traballo técnico dos adestradores e tamén a apartados de carácter directivo.
Estas “Conversas Técnicas On Line” estrearanse o vindeiro 29 de abril (20.00 h) da man da unha primeira sesión con catro protagonistas. Moderará a mesma o Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; e tomarán a palabra un trío de adestradores de calidade: Diego Ocampo (FC Barcelona - Liga LEB Ouro), Paco Redondo (Adestrador Axudante Real Madrid - ACB) e Antonio Pérez Caínzos. Os tres reuniranse virtualmente para tomar a palabra e compartir experiencia en torno a “Realidade e proxección do xogador U20 nas nosas competicións”.
Esta primeira conversa abrirá a súa vez un triple calendario de oportunidades:
04/05/20 - (20.00 h)
“O Minibasket: recursos e necesidades”
Juan Lofrano (Federación Arxentina)
Enric González (BF Viladecans)
Jan Norat (CB Torrelodones)
Modera: Carlos Maceiras
07/05/20 - (20.00 h)
“A xestión Deportiva nun club profesional"
Chechu Mulero (Valencia Basket)
José Luis Mateo (Monbus Obradoiro)
HImar Ojeda (Alba Berlín)
Modera: Chete Pazo.
Participación
As “Conversas técnicas online” estarán abertas en cada caso para un máximo de 250 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e que deberán solicitarse a vía mail Enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e indicando os seus datos persoais (nome, apelidos e clube de procedencia) e a charla na que desexan tomar parte, os interesados recibirán notificación, igualmente por esa vía, de como acceder á mesma. O prazo para o envío do email estenderase atas ás 17.00 h do propio día de celebración de cada conversa.