Ferrol será sede para o primeiro curso de adestradores nivel iniciación da temporada 2019 – 2020. A área de deportiva FGB marca para o mes de setembro esta nova cita didáctica, que estrea a nova NORMATIVA para a formación en nivel iniciación e que se levará a cabo baixo a seguinte programación:
Curso de Iniciación 2019 - 2020 - Delegación Ferrol
Sede: Ferrol (Instalacións Colexio Tirso)
Fase Presencial
06/09/19 (horario de tarde)
07/09/19 (horario de mañá e tarde)
08/09/19 (horario de mañá e tarde)
Fase non presencial
Esta etapa realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB.
Inscrición
Os interesados en tramitar a inscrición nesta convocatoria poderán facelo dende este mesmo venres, e ata o vindeiro dous de setembro, debendo cumprir os seguintes requisitos:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información.
Nos documentos que achegamos poñemos a vosa disposición a Normativa 2019 - 2020 para a formación e iniciación, onde se detallan as pautas que configurarán os cursos; e as bases do noso programa de Bolsas, o denominado "Programa Tono Lagares".