Deporte Galego

Adestradores: Formación en iniciación 2017 - 2018

  • 08 Novembro 2017 |

A Federación Galega de Baloncesto publica a normativa oficial e condicións económicas para os seus cursos de iniciación na área de Adestradores.

Renovando algún dos aspectos que caracterizaron este apartado en temporadas pasadas, nos documentos que se achegan, preséntanse os requisitos para a inscrición, normativa, desenvolvemento e axudas económicas para esta formación, engadindo neste último punto unha particularidade moi especial para a presente temporada.

Bolsas “Tono Lagares”
Esta 2017 – 2018 presenta unha edición particular do programa de bolsas de axuda económica para todos aqueles adestradores que comezan a súa formación. Este proxecto, que hoxe se fai público, levará o nome de “Tono Lagares”, adestrador coruñés que nos deixou neste 2017 e que permanecerá por sempre no noso recordo.

A traxectoria de Tono, que se converteu en adestrador superior na temporada 76 - 77, permitiulle pasar a formar parte da historia do Baloncesto Galego, entregando todo o seu bo facer no paso por equipos como Maristas; Medina, Bosco, Riazor ou A.D. Calasancias, e, moi especialmente, en Compañía de María, club no que militou durante moitos anos, deixando unha inesquecible pegada persoal e deportiva.

Lembrando e recoñecendo á súa figura, a FGB outórgalle o seu nome ao programa de bolsas para esta temporada, agardando que este xesto sirva como homenaxe, ademais de como impulso e inspiración aos novos alumnos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence