A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto para a nova temporada 2022 - 2023 xa está dispoñible de xeito oficial para a a súa consulta e descarga.
Normativa de Competicións 2022 – 2023
- 28 Xuño 2022 |
- Sección: Actualidade
- A Praza Exterior do Centro Comercial Área Central será o escenario este sábado, 25 de xuño; da Serie Final do noso circuíto “3×3” FGB.
- Nesta Serie Final do «3×3 FGB» participarán os 14 mellores equipos clasificados tras a disputa de dúas series previas de A Coruña e Ourense.
- O equipo gañador do circuíto "3x3 FGB" farase cun premio de 2000 €.
Un total de 225 deportistas pertencentes a 15 equipos de Baloncesto en categoría Minibasket dan vida dende este mércores, 22 de xuño; a “VII Jamboree Minibasket de Clubs” que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición celébrase no Pavillón do Restollal, con 6 equipos masculinos e 9 femininos que competirán ata o vindeiro 25 de xuño.
Últimos compases da temporada. O ciclo deportivo 2021 - 2022 celebra este sábado, 18 de xuño; a súa derradeira fase final, neste caso nunha categoría xa habitaul cada fin de temporada, a Sub 22.
Baixo a organización de Bosco Salesianos en Masculino e Fedesa Rosalía en feminino, a competición celebrarase en formato de semifinais e final, engandindo, en cada caso, os partidos clasificatorios precisos en función do número de equipos: 6 na fase feminina e 8 na masculina.
Esta nova edición da Xuntanza Preminibaske presentouse esta mañá no Concello da man de representantes municipais, da Federación Galega e do C.B. Laracha.
Daranse cita no pavillón Municipal da vila un total de 250 participantes que conforma as seleccións zonais da Federación Galega de Baloncesto, así como sendos combinado autonómicos de xogadores e xogadoras da xeración 2013.
O "3x3 FGB", listo para a súa Gran Final. Tras a disputa das súas dúas Series Previas en A Coruña (04/11/22) e Ourense (11/06/22), o novo circuito "3x3 FGB" xa coñece aos 16 equipos clasificados que terán a posibilidade de disputar en Compostela, o vindeiro 25 de xuño, a xornada decisiva desta nova aposta da Federación Galega de Baloncesto polo formato 3x3.
A Praza do Parrote acollerá o vindeiro catro de xuño a estrea da nova competición “3x3” da Federación Galega de Baloncesto.
Nesta primeira cita co "3x3 FGB" Poderán participar ata un máximo de 24 equipos con xogadores e xogadoras federados ou non federados nados no ano 2005 e anteriores.
A inscrición para esta Serie 3x3 FGB a celebrar en A Coruña remata o vindeiro martes, 31 de maio; e pode realizarse a través da web: www.3x3fgb.gal
Culmina a temporada para a 1ª División Preinfantil Feminina. A Fase Final da competición chega este sábado, 7 de maio; en formato de semifinais, final e 3º e 4º posto.
Con sede en Culleredo e CB Culleredo como organizador, buscarán o título galego o propio club anfitrión xunto a Costa Ártabra, Básquet Coruña e CB Allariz. Farano co seguinte cadro de xogo:
A competición pola permanencia en 1º División Cadete FGB tamén recolle protagonismo nas dúas próximas fins de semana. De xeito paralelo á loita polo campionato, os tres primeiros clasificados dos Grupos B1 e B2 da Liga Regular disputarán a súa propia Fase Final B, poñendo en xogo unha permanencia na categoría que será a recompensa para os dous finalistas en cada caso.
Os campionatos autonómicos de 1º División Cadete FGB arrincan a súa quenda final. A fase decisiva da competición establécese en dúas xornadas de xogo consecutivas que, en ambos os casos, masculino e feminino; disputaranse este sábado, 30 de abril; e o vindeiro domingo, día 8 de maio. Cara a cara atoparanse os seis mellores equipos das Ligas FGB regulares.
Ao recoñecemento dos Campións desta temporada 2021 -2022 súmase nestas Fases Finais a posta en xogo das prazas correspondentes a Galicia nos Campionatos de España desta categoría. En Cadete Masculina con dúas prazas en xogo, e con tres no caso Feminino.
Regresa o 3x3 FGB e, desta volta, dá o salto ás rúas galegas. O vindeiro mes de xuño a competición 3x3 da Federación Galega de Baloncesto chegará ás cidades de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela para facer desfrutar a todos os afeccionados deste formato.
Dúas Series previas clasificatorias e unha Serie Final configuran esta nova aposta polo 3x3 da Federación Galega de Baloncesto, en colaboración principal coa Xunta de Galicia, os Concellos de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela, e o Centro Comercial Área Central.
O liderato definitivo e a conseguinte Praza de ascenso a 1 División Feminina son o obxectivo da Fase Final da 1 División Autonómica Feminina 2021 - 2022. A celebrar baixo a organización de AD Cortegada, os seis mellores clasificados tras a Liga Regular buscan o Campionato no Pavillón de Fontecarmoa.