O Comité Galego de Árbitros está a espallar o seu programa de traballo ao longo das diferentes delegacións FGB, reforzando as actividades do mesmo a través da xestión dos diferentes coordinadores zonais e de colaboradores habituais.
Bo exemplo desta dinámica tivo lugar na tarde deste mércores, 24 de outubro, na Delegación de A Coruña. Nas súas instalacións, os colexiados e oficiais deste Comité tiveron a ocasión de participar nunha charla impartida polo árbitro ACB e internacional, Carlos Cortés.
Durante preto de hora e media, Cortés departiu con eles sobre a regra do avance ilegal, apoiando a súa intervención con enriquecedor material audiovisual. A experiencia e coñecemento do relator e unha audiencia ben atenta permitiron que a actividade resultase satisfactoria para todos.