Actívase o V Campus “You”

O C.B. Cluny abre a posibilidade de inscrición para o seu V Campus “YOU”, cita xa tradicional en Santiago de Compostela e que ten no MINIBASKET o seu principal protagonista.

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de abril o C.B. Cluny encherá o seu Pavillón de Baloncesto grazas á celebración da quinta edición do seu Campus “YOU”.

Orientado aos máis novos da casa (nenos nenas de entre 6 a 12 anos) e ofrecendo, como é habitual, un completo programa de actividades que combina o basket con outras disciplinas deportivas e tempo de ocio, repite convocatoria este Campus, cuxo prazo de inscrición permanece aberto.

Para participar, os interesados deben acceder á ficha de participación oficial, que aquí publicamos, e facela chegar, debidamente cumprimentada, á entidade santiaguesa. Neste documento especifícanse o prezo, os posibles descontos, e os requisitos establecidos para a inscrición, a cal conta con prazas limitadas.

Para máis información permanece tamén ao día a web do club: www.cbcluny.es

V Campus “YOU”: formulario información/ inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram