O “Programa de Tecnificación FGB” recupera o seu espazo. A temporada 2021 – 2022 está a traer consigo o regreso de moitas actividades federativas detidas no pasado pola chegada da pandemia e, entre elas, rexurde agora con forza o traballo de Tecnificación.
Como importante ferramenta de detección, seguimento e control autonómico dos xogadores e xogadoras máis novos, a Área Deportiva FGB volve a apostar polo seu “Programa de Tecnificación” mantendo o mesmo formato de convocatorias zonais calendarizadas, xa realizado en anteriores edicións; e tamén apelando ao mesmo espíritu de colaboración mutua entre os diferentes axentes implicados.
Nesta liña, a actual etapa do traballo de tecnificación volve a estar guiada por un total de sete responsables deportivos, un por cada Delegación zonal FGB. Este equipo de colaboradores serán a ligazón perfecta na organización de cada concentración entre a Federación, os clubs e as familias dos xogadores e xogadoras. Realizarán esta tarefa:
Carlos Vázquez na Delegación de Ferrol (areadeportiva.ferrol@fegaba.com)
Roi Vega na Delegación de Coruña (areadeportiva.coruna@fegaba.com)
Maísa López na Delegación de Lugo (areadeportiva.lugo@fegaba.com)
Pablo Carreira na Delegación de Santiago (areadeportiva.santiago@fegagba.com)
Ricardo López na Delegación deArousa (areadeportiva.arousa@fegaba.com)
Javier López na Delegación de Vigo (areadeportiva.vigo@fegaba.com)
María Álvarez na Delegación de Ourense (areadeportiva.ourense@fegaba.com)
Primeiras Convocatorias
A estrea do Programa chega xa esta fin de semana na que cinco das sete zonais teñen xa marcadas as seguintes convocatorias, todas elas orientadas á xeración 2010 e de participación aberta baixo requisitos previos enviados aos clubs:
Delegación Ourense
Data: 09/10/21
Sede: Polideportivo Salesianos (Ourense)
2010 Feminino: 10.00 h a 11.30 h
2010 Masculino: 12.00 h a 13.30 h
Delegación Lugo
Data: 09/10/21
Pavillón Frigsa (Lugo)
2010 Masculino: 10.30 h a 11.45 h
2010 Feminino: 12.00 h a 13.015 h
Delegación Santiago
Data: 09/10/21
Pavillón Montouto (Santiago)
2010 Masculino: 10.00 h a 11.30 h
2010 Feminino: 12.00 h a 13.30 h
Delegación Arousa
Data: 09/10/21
Sede: Pavillón Fontecarmoa 2 (Vilagarcía)
2010 Masculino: 10.00 h a 11.25 h
2010 Feminino: 11.35 h a 13.00 h
Delegación Ferrol
Data: 10/10/21
Sede: Colexio Ponzos (Ferrol)
2010 Masculino: 18.30 h a 20.00 h
2010 Feminino: 17.00 h 18.30 h
Delegación A Coruña
Data: 12/10/21
Sede: Pavillón Agra 2 (A Coruña)
2010 Masculino: 10.30 h a 11.45 h
2010 Feminino: 12.00 h a 13.15 h