Activa a Convocatoria do Curso de Adestradores Nivel 1

– O Proceso de preinscrición para o mesmo abrirase o luns, día 10 de xullo.
– A formación iniciarase no mes de setembro coas aulas presenciais, realizándose posteriormente o curso a través da renovada plataforma online da FGB.
– A Fase Presencial do curso terá lugar no Concello de A estrada, podendo desfrutar os alumnos da estancia e manutención a un prezo moi reducido grazas á colaboración da FGB, Concello de A Estrada e Xunta de Galicia.

 

A Escola Galega de Adestradores da activa o Curso de Nivel 1 de ámbito Federativo.

O Curso iniciarase no mes de setembro con tres datas de aulas presencias (1, 2 e 3 de setembro) para as cales os alumnos aloxaranse no Concello de A Estrada, dando uso ao propio Pavillón Municipal Coto Ferreiro e á Academia Galega de Seguridade Pública.

Esta posibilidade, que favorece a dinámica formativa, será posible grazas á colaboración do Concello de A Estrada e A Xunta de Galicia, aliados neste nova convocatoria formativa de calidade pola que aposta decididamente a FGB.

Tras o paso polo Concello de A Estrada, o curso completarase de xeito online, a través da plataforma formativa FGB e estendéndose ata o mes de decembro.

PREINSCRICIÓN

As prazas dispoñibles para optar a esta convocatoria de Nivel 1 son un total de 75, debendo cumprir os aspirantes os seguintes requisitos básicos:

– Ter un mínimo de 16 anos.

– Estar en posesión de un título de graduado en educación secundaria, ou equivalente ou superior.

– Estar en posesión do título de adestrador de nivel 0 expedido pola Federación Galega de Baloncesto.

Para a admisión dentro destas 75 prazas terán preferencia aqueles alumnos e alumnas que posúan o título federativo de nivel 0 con maior antigüidade.

A cota de inscrición por persoa é de 400 € (correspondentes estritamente á formación) + 40 € (relativos á estancia no Concello de A Estrada, con pensión completa, os días 1, 2 e 3 de setembro).

O Prazo de inscrición ábrese o luns 10 de xullo (10:00 h AM) e estenderase ata o vindeiro día 26 de xullo (12:00 h AM).

Todos os detalles, requisitos e formulario para levar a cabo a preinscrición a partir do día 10 de xullo, permaneces dispoñibles na súa propia SECCIÓN WEB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram