Aclaracións Importantes para a volta aos adestramentos e competicións FGB

Con respecto ao novo escenario do deporte Federado tras a actualización por parte da Xunta de Galicia do Decreto 8/2021 do 26 de xaneiro, a través do Decreto 26/2021 e da ORDE do 15 de febreiro de 2021 do DOGA queremos trasladarvos as seguintes aclaracións:

– Os adestramentos e a competición autonómica FGB poden volver a realizarse desde este mesmo 17 de febreiro, sempre axustándose ao cumprimento do noso Protocolo FISICOVID – DXTGALEGO FGB.

– Para a realización dos adestramentos e das propias competicións FGB, os deportistas participantes e o persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de mobilidade e horario establecidas actualmente, tendo estritamente en conta que esta circunstancia terá que ser de obrigada xustificación vía certificado.

– O certificado que permite xustificar a exención das limitación de mobilidade e horario deberá ser expedido polos club a cada deportista e con periodicidade semanal. Incidir en que no caso de que NON se incumpran estas limitacións (perimetrais e de horario) NON será preciso expedir tal certificado.

– Para completar o proceso de certificación, os clubs deberán enviar á FGB, debidamente cuberto, un documento Excel que se lle fará chegar. O prazo para envialo, vía mail a competiciones@fegaba.com, será o previo ás 12.00 h de cada xoves. (Rogamos, por favor, que este documento se remita no mesmo formato excel e sen modificar os datos que veñen de serie).

ACTUALIZACIÓN: Baixo esta nova modificación das medidas, todos os equipos federados poderán adestrar, unicamente non poderán facelo aqueles deportistas que NON pertenzan ao municipio propio do club e NON teñan competición prevista en calendario oficial na marxe de catro semanas.

– En breves días, sempre tras consulta e decisión dos órganos competentes da FGB, remitiremos as datas tanto de reactivación das competicións que tiveron que deter a súa marcha, así como as datas de inicio para aquelas que estaban por comezar. En principio, o inicio previsto para as mesmas está programado para non estenderse máis alá de dúas semanas.

– Completando estas aclaracións, achegamos os tres documentos de referencia e necesaria lectura de cara a cumprir ao detalle as medidas que permiten a volta ás competicións:

 GUÍA SIMPLIFICADA SXD DAS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA FACER FRONTE AO RISCO DE CONTAXIO POLA COVID-19 DE APLICACIÓN AO DEPORTE GALEGO.

Decreto 26/2021

ORDE do 15 de febreiro de 2021

Guía simplificada sxd das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola covid-19 de aplicación ao deporte galego.
Decreto 26/2021
ORDE 15/02/2021

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram