A FGB remite comunicado da Secretaría Xeral para o Deporte mediante o cal se aclaran as dúbidas e cuestións referentes á inmediata aplicación no ámbito do deporte federado do recente Decreto 178/2020 do 30 de outubro da Xunta de Galicia no que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade para facer fronte á crise sanitaria. Convidamos a tod@s a consultalo detidamente pola súa importancia. Podedes atopalo xunto a esta información para a súa descarga.
Mobilidade
Neste documento de interpretacións oficiais ao Decreto confírmase que a competición federada de ámbito autonómico poderá seguir levándose a cabo na nosa Comunidade sen verse afectada polas restricións de mobilidade e sempre cumprindo o PROTOCOLO FISIOCOVID DXTGALEGO correspondente.
Franxas Horarias
A Secretaría Xeral para o Deporte aclara neste mesmo comunicado que segundo a interpretación traslada polo CSD, así como no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, as actividades deportivas federadas estarían exceptuadas das limitacións de circulación nas franxas horarias entre as 23:00 e as 06:00 h.
Acreditación Necesaria
A adaptación a esta nova realidade obrigará a que todos os equipos inmersos en encontros oficiais, actúen tanto de locais como de visitantes, estean provistos dun certificado oficial por cada partido a disputar. Este certificado será emitido e enviado pola propia Federación Galega de Baloncesto.
Igualmente, será preciso tamén un certificado propio para xustificar a exención da franxa horaria no ámbito da práctica deportiva federada, incluíndo esta os adestramentos. Este certificado será emitido e enviado pola propia Federación Galega de Baloncesto
Competencias Administracións públicas
Resaltar finalmente que estas interpretación dítase sen perxuízo das medidas que poidan acordar outras administracións públicas competentes ou como titulares das instalacións deportivas. Neste caso haberá que estar ao que dispoña esas autoridades correspondentes.
Secretaría Xeral para o Deporte – Interpretación Decreto 178/2020 do 30 de outubro