ACTUALIZACIÓN – Aclaracións á aplicación do Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB e posta en marcha da temporada 2020 – 2021

Con motivo da publicación o pasado 30 de setembro do Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB aprobado de xeito definitivo pola Secretaría Xeral para o Deporte, iniciamos a publicación dunha serie de aclaracións e puntualizacións que axuden a súa aplicación, así como tamén á realización de adestramentos e competicións no ámbito federado.

Este documento de aclaracións, que presentamos aquí para a súa descarga, amplíase e modifícase ao longo do avance das competicións e da situación sanitaria, tanto por parte das decisións da propia FGB como a causa das consultas que cheguen por parte de clubs ou compoñentes federados. Estas últimas poden enviarse á FGB polas vías oficias de contacto.

ACTUALIZACIÓN – 19/11/20: Aclaracións: Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB e Competicións FGB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram