Tras as dúbidas e cuestións recibidas en torno á aplicación nas actividades de deporte federado de ámbito autonómico da normativa establecida no BOE 25/10/20 coa que se decreta o Estado de Alarma e a “limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno” no período comprendido entre as 23.00 h e as 06.00 h, a Federación Galega de Baloncesto desexa comunicar que:
Polo momento, ata que se coñeza a decisión da propia da Xunta de Galicia a este respecto, así como ata que a Secretaría Xeral para o Deporte nos traslade en que medida esta restrición se aplicará ao deporte federado de ámbito autonómico, deberemos respectar sen excepcións a restrición horaria establecida (de 23.00 h a 06.00 h).
Calquera cambio ou novidade ao respecto será comunicada pola FGB á maior brevidade posible.