Aberta a inscrición na II edición do programa ‘Colexios BasketLover 2015’

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

Tras o éxito do ano pasado no que participaron 60.000 alumnos, a FEB e Endesa, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, promoven este ano a II edición do concurso de debuxo “Colexios BasketLovers”, orientado aos centros educativos.

Celebrando o bo resultado da primeira edición do concurso Basketlover para colexios, na que participaron máis de 60.000 alumnos de toda España, chega unha nova edición deste concurso destinado a estudantes de entre 8 e 12 anos.

Nesta segunda convocaotria, na que a Federación Galega de Baloncesto convida a todos os colexios galegos a inscribirse, os participantes terán que enviar un debuxo aplicando a innovación ao mundo do baloncesto.

Partindo de traballos en equipo, os centros educativos e os alumnos participantes poderán optar a gañar premios, tanto individuais como colectivos, que axudarán a promover os hábitos saudables, deportivos, innovadores e lúdicos.

Para poder participar os responsables de cada colexio poden inscribirse xa na web do concurso www.colegiosbasketlover.com e convidar aos seus alumnos a participar en equipos de ata 5 estudantes.

Cada colexio seleccionará o seu representante que competirá contra outros centros ata que un xurado de expertos da Federación Española de Baloncesto e Endesa, seleccione os 10 proxectos mellores que participarán nunha votación popular online.

O colexio vencedor recibirá unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e a cada alumno se lle fará entrega dunha tablet. Os dous finalistas recibirán 2.000 e 1.000 euros en material deportivo respectivamente e diferentes obsequios para cada alumno participante. Ademais destes recoñecementos, os tres ganadores participarán nun Clinic de Baloncesto impartido por lendas do baloncesto como Jorge Garbajosa, Amaya Valdemoro, Fernando Romay ou Elisa Aguilar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram