Abel Caballero recibe no Concello de Vigo ao Presidente da Federación Galega de Baloncesto

– Ambos trataronĀ proxectos de interese social e económico para os clubs e Baloncesto ViguĆ©s.Ā 

O novo Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio BernÔrdez; reuniuse na tarde do venres co Alcalde de Vigo, Abel Caballero. O encontro, que tivo lugar na sede do consistorio, trouxo consigo intencións mol positivas e proxectos de impulso para o Baloncesto vigués.

BernÔrdez iniciou esta visita ao Concello agradecendo o apoio permanente do executivo olívico Ôs iniciativas propostas pola Federación Galega de Baloncesto. Accións que, explicou, desexa que sigan crecendo nesta nova lexislatura que afronta ao mando do Baloncesto Galego.

Caballero, pola súa banda; comunicou o inicio, por parte do Concello, de estudos económicos para próximos eventos deportivos. O alcalde manifestou a vontade de potenciar na cidade un proxecto de elite no Baloncesto Masculino, da man dun respaldo incondicional Ô recuperación da mÔxima categoría en feminino.

Neste marco, Abel Caballero fixo pĆŗblico o seu apoio ao RC Celta Zorka Recalvi se existise a posibilidade de converter a Vigo en sede da Fase de Ascenso da LF Challenge na presente temporada.

Caballero, xunto ao concelleiro de Deportes, José Manuel FernÔndez; expuxo tamén a súa mÔxima predisposición a recibir todas as inquedanzas dos clubs de baloncesto da cidade relativas a subvencións e instalacións.

Nova sede FGB

Nesta toma de contacto coa nova directiva FGB, o rexedor vigués anunciou tamén a cesión dun espazo no Estadio de Balaídos para albergar a sede da delegación FGB en Vigo.

O encontro no que por parte da Federación acompañaron ao Presidente, os vicepresidentes Miguel GonzÔlez e Susana García; e o Delegado FGB en Vigo, Fernando Pérez; pechouse reiterando o agradecemento federativo ao Concello, e coa firme vontade de traballar unidos, co avance do Baloncesto como obxectivo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram