A XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina xa coñece o seu calendario

A Federación Galega de Baloncesto realizou este luns o sorteo para a Fase Final da XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina

A competición copeira Feminina para este 2023 iniciarase cunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada. Os tres disputarán unha liga a unha volta con data tope para a súa conclusión no 24 de setembro.

O mellor equipo desta previa clasificarase para Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo pola súa condición de equipos de LF Endesa: Durán Maquinaria Ensino, Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol.

Calendario

O 29 de setembro disputaranse as semifinais, que tras o sorteo celebrado este luns déixanos os duelos Durán Maquinaria Ensino vs Equipo Campión da Fase Previa e Baxi Ferrol vs Real Club Celta Recalvi. A hora de ambos os partidos comunicarase en próximos días.

A celebración da Final queda marcada para o 1 de outubro, en horario tamén por determinar.

Os encontros da Fase Previa viviranse nos pavillóns que indiquen os equipos locais en cada caso. Pola súa banda, a sede que acollerá a Fase Final darase a coñecer en vindeiras datas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram