A XXXV Copa Galicia Sénior Feminina, protagonista no mes de setembro

A Copa Galicia Sénior Feminina vivirá ao longo deste mes de setembro a súa XXXV edición, unha cita para a que xa se coñece o seu calendario.

A competición Copeira Feminina para o 2022 iniciase coa posta en marcha dunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada.

Os tres disputarán unha liga a unha volta con data tope para a súa conclusión no 17 de setembro. O equipo mellor clasificado desta previa pasará directamente á Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo Durán Maquinaria Ensino, como representante en Liga Feminina Endesa; e Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol como equipos de LF Challenge.

O 23 de setembro é a data marcada para a disputa destas semifinais. Nestas, a orde de enfrontamentos directos para os equipos de LF Challenge decidirase por sorteo. A celebración da Final queda, pola súa banda, marcada para o 25 de setembro.

Palmarés Copa Galicia 

XXXV Copa Galicia Sénior Feminina 2022

Fase Previa 

1ª Xornada – 11/09/22

(11:00 h) Mariscos Antón Cortegada – Maristas Coruña (68 – 31)

2ª Xornada  – 14/09/22

(20:00 h) CB Arxil – Mariscos Antón Cortegada (54 – 47)

3ª Xornada  – 17/09/22

(12:00 h) Maristas Coruña – CB Arxil

Fase Final 

23/09/22  – Semifinais

Equipo Challenge – Gañador Fase Previa            (X)

Durán Maquinaria Ensino – Equipo Challenge  (Y)

25/09/22 – Final 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram