A XXX Copa Galicia Sénior Masculina 2015 elixe Ourense

– A cidade das Burgas é o escenario escollido para a celebración da Fase Final da próxima Copa Galicia, a disputar no vindeiro mes de setembro.

A Federación Galega de Baloncesto, da man de “La Región” como medio de comunicación oficial do evento, traballa xa na organización desta 30 edición.

A Federación Galega de Baloncesto designa á cidade de Ourense como sede oficial da Copa Galicia Sénior Masculina 2015, competición que se disputará os días 18 e 19 de setembro e que este ano vivirá por todo o alto o seu 30 aniversario.

Enmarcada nun aura especial pola cifra que conmemora, e ideada como homenaxe á Ourense, provincia que acolleu a primeira Copa Galicia da historia (Pavillón de Barco de Valdeorras, ano 1986); a FGB confía a Ourense a localización desta cita, que este ano chegará cargada de sorpresas.

A entidade Federativa conta para a ocasión coa colaboración de “La Región” como medio de comunicación oficial para este XXX aniversario, así como para todos os eventos lúdicos que rodeen á que será a primeira cita de envergadura para os equipos galegos de elite na temporada 2015 – 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram