A XXX Copa Galicia “Ourense Provincia Termal” reúne á Selección Galega de Veteranos

A XXX Copa Galicia “Ourense Provincia Termal” celebra este sábado en Ourense unha cita moi especial. Como aperitivo á final oficial, que se celebrará no Pazo dos Deportes Paco Paz ás 20:00 h (TVG); ese mesmo escenario acollerá un encontro amigable (17:30 h) entre dúas Seleccións Galegas de Veteranos.

Configurado este partido como unha homenaxe aos trinta anos de historia da Copa Galicia, así como a todo o Baloncesto Galego; un notable grupo de xogadores veteranos que todos coñecemos reuniranse nesta ocasión e, entre anécdotas e lembranzas, vestirán a camisola da Selección Galega divididos en dúas zonas, Norte e Sur.

Trátase dunha convocatoria moi especial na que tamén estarán presentes Juan Freán y José Luis Estévez Camiña, os dous colexiados que dirixiron a primeira final da historia da Copa Galicia en xaneiro do ano 1987.

A saída á pista de todos os convocados, cuxos nomes podes consultar no documento que se achega, producirase ás 17:30 h deste sábado e o acceso a este encontro para o público xeral estará xa incluído na entrada individual da XXX Copa Galicia “Ourense Provincia Termal” para a xornada do sábado ou no abono adquirido para as dúas xornadas, semifinais e final. 

XXX Copa Galicia Ourense Provincia Termal: Selección Galega Veteranos

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram