A XXIII Copa Galicia Sénior Feminina xa ten calendario

A Copa Galicia Sénior Feminina 2015 vai configurando a súa estrutura e calendario. O representante galego en Liga Feminina, Universitario Ferrol; e os catro equipos galegos de LF2, Porta XI Ensino, C.B. Arxil, A.D. Cortegada e R.C. Celta; darán vida á unha nova edición desta Copa, que suma xa 23 convocatorias e que nesta ocasión celebrará a súa final o 20 de setembro. 

O presente mes de setembro será testemuña da competición ao completo. Durante o mesmo, disputarase a fase previa nun grupo único integrado polos equipos de Liga Feminina 2, competindo entre eles por un posto na final. Pola súa banda, clasificado directamente para este encontro decisivo, permanece xa Universitario de Ferrol, en calidade de club galego na máxima categoría do baloncesto feminino nacional.

Nas vindeiras datas coñecerase tamén a sede da final, así como os datos concretos de cada enfrontamento correspondente á fase previa. Polo momento, o calendario desta edición do 2015 mantén a seguinte distribución:

Xornada 1 
Real Club Celta – Durán Maquinaria Ensino (12/09/15 – 18:30 h. Pavillón Navia)
A.D. Cortegada – C.B. Arxil

Xornada 2
Real Club Celta – C.B. Arxil (16/09/15 – 20:30 h. Pavillón Navia)
Durán Maquinaria Ensino – A.D. Cortegada

Xornada 3 
C.B. Arxil- Durán Maquinaria Ensino
A.D. Cortegada – Real Club Celta

Final – 20/09/15
Universitario Ferrol – Campión Fase Previa

As modificacións e actualizacións do calendario da XXIII Copa Galicia Sénior Feminina poden seguirse na súa correspondente ligazón oficial.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram