A “Xuntanza Preminibasket” viaxa a Xinzo de Limia

O traballo de seguimento e tecnificación da Área Deportiva FGB contempla unha nova cita coa categoría máis nova. 160 xogadores procedentes de toda Galicia reuniranse este sábado, 20 de xuño; no Concello de Xinzo de Limia para ser partícipes da convocatoria dunha “Xuntanza” de carácter amigable pero con moito peso técnico.

16 equipos, representantes das Delegacións de A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa, Ourense e das divisións zonais de Bergantiños (masculino) e Arousa Norte e Sur (feminino); centrarán un completo calendario de encontros, sen función competitiva, e que terá no Pavillón Municipal da vila ourensá o seu centro de operacións.

Un total de 24 enfrontamentos, en tres pistas habilitadas para a ocasión, servirán de eixo para a labor de avaliación técnica que realizará durante toda a xornada o persoal FGB.

O Calendario completo de partidos, así como a relación de xogadores e xogadoras protagonistas dos mesmos e designados polos responsables zonais de cada Delegación, remítense nos documentos que se achegan.

Xuntanza Preminibasket. Calendario: 20/06/15
Santiago Feminino
Lugo Masculina
Ourense Feminino
Ourense Masculino
Bergantiños Masculino
Arousa Masculino
Arousa Feminina Sur
Arousa Feminina Norte
Vigo Masculina
Santiago Masculina
Lugo Feminina
A Coruña Masculino
Ferrol Feminino
A Coruña Feminino
Vigo Feminina
Ferrol Masculina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram