A “Xuntanza Preminibasket” regresa a Noia

A Área Deportiva da FGB reactiva convocatoria da “Xuntanza” para a categoría Preminibasket. Apostando unha vez máis polo Concello de Noia como sede, e coa colaboración do C.B. Noia; este mesmo domingo, 4 de xuño; o departamento técnico FGB reúne nos dous pavillóns da vila as súas sete seleccións zonais, masculina e feminina: e a un combinado de xogadores e xogadoras autonómicos.

Estes 16 equipos darán vida a unha xornada completa de avaliación técnica e convivencia, todo baixo un espírito alonxado do estritamente competitivo.
No calendario que se achega, remitimos o plan completo da citada xuntanza, que terá lugar en tres pistas repartidas no Pavillóns Alonso Rodríguez (Pista 1 e 2) e no Municipal (Pista 3).

Os listados dos xogadores e xogadoras así como a referencia dos que serán os seus adestradores para a ocasión, pode consultarse tamén nos documentos que se achegan.

“Xuntanza Preminibasket” – 02/06/17
Galicia 2008 Masculina
Galicia 2008 Feminina
Arousa Feminina
Arousa Masculina
A Coruña Feminina
A Coruña Masculina
Ferrol Feminino
Ferrol Masculino
Lugo Masculino
Lugo Feminino
Ourense Feminino
Ourense Masculino
Vigo Feminina
Vigo Masculina
Santiago Feminino
Santiago Masculina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram