Esta nova edición da Xuntanza Preminibaske presentouse esta mañá no Concello da man de representantes municipais, da Federación Galega e do C.B. Laracha.
Daranse cita no pavillón Municipal da vila un total de 250 participantes que conforma as seleccións zonais da Federación Galega de Baloncesto, así como sendos combinado autonómicos de xogadores e xogadoras da xeración 2013.
A Laracha será este domingo a sede única da Xuntanza Preminibasket masculina e feminina de ámbito autonómico que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Laracha coa colaboración do Concello.
O evento foi presentado hoxe no Concello co tenente alcalde -José Ramón Martínez Barbeito-, a concelleira de Deportes -Patricia Bello- e o técnico de Deportes -Miguel Barbeito- como representantes municipais, o Vicepresidente Primeiro da Federación -José Manuel Villamarín- e o presidente -Eliseo Belo- e director deportivo -Sito Cabado- do C.B. Laracha.
A xornada desenvolverase integramente no pavillón Municipal da Laracha, retomando de novo o formato “Xuntanza”, no que se mestura o lúdica co deportivo no marco do seguimento, control e tecnificación dun amplo grupo de xogadores e xogadoras da categoría.
Daranse cita na Laracha 250 nenos nados nos anos 2012 e 2013 que conforman tanto as seleccións galegas masculina e feminina da categoría como as seleccións de cada unha das delegacións xeográficas zonais FGB: A Coruña, Arousa, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo.
Posta de Longo
José Ramón Martínez Barbeito, tenente alcalde de Laracha; deu a benvida á Xuntanza considerando que organizar un evento destas características “é positivo para A Laracha, tanto polo volume de persoas que se darán cita o domingo como pola promoción do deporte entre os máis cativos”. Por iso agradeceu que a Federación pensase na Laracha para acoller a cita e o traballo organizativo do C.B. Laracha, co desexo de que “as persoas que asistan poidan coñecer e desfrutar do noso municipio”.
O Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín; comezou agradecendo “o fundamental apoio do Concello e do club” para organizar un dos eventos máis importantes do ano para o baloncesto galego de base. Tamén incidiu en que estamos ante a oportunidade de “ver como compiten e progresan os mellores xogadores e xogadoras galegos da categoría que o ano que vén poden formar parte das seleccións que irán a campionatos de España”.
Por último, Sito Cabado, director deportivo do CB Laracha; referiuse ao evento como “un gran escaparate para o C.B. Laracha”, afirmando que “acollemos con moito gusto a iniciativa que axudará a seguir fomentando o deporte do baloncesto”.