A “Xuntanza” Minibasket retoma a acción

O Formato “Xuntanza” regresa ao escenario da actividade Federativa. Este importante punto de inflexión dentro do Programa de Tecnificación FGB terá lugar este luns, 1 de novembro, no Concello de A Estrada; recuperando así o pulso detido polas consecuencias da Pandemia.
A categoría Minbasket será a protagonista nesta rentrée a través da participación das seleccións zonais masculinas e femininas das sete delegacións FGB.

Nun marco non competitivo, dez xogadores e xogadoras por cada equipo, darán vida a unha xornada de partidos que suporá un paso máis no traballo de avaliación e seguimento de xagadores que se realiza cada ciclo competitivo por parte da área deportiva FGB.
Dous adestradores por cada combinado dirixirán aos rapaces, contando ademáis este co apoio dos responsables deportivos zonais FGB, os cales son os que articulan, semana a semana, o progreso do Programa de Tecnificación.

As convocatorias ao completo de cada Selección Zonal, así como o calendario que terán que afrontar pode consultarse nos documentos que achegamos.

Xuntanza Minibasket 01/11/21: Calendario
Xuntanza Minibasket 01/11/21: Seleccións Zonais

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram