A “Xuntanza Minibasket”, destino Xinzo de Limia

A Área Deportiva da FGB renova o formato “Xuntanza” para o seu traballo de tecnificación e avaliación nesta 2017 – 2018. Coa categoría Minibasket como obxectivo, esta cita anual na que a Federación Galega de Baloncesto reúne aos seus sete combinados zonais, máis dous grupos e xogadores e xogadoras de ámbito autonómico, terá lugar desta volta este mesmo sábado, 30 de outubro, no Concello de Xinzo de Limia.

O Pavillón Municipal desta vila acollerá a un total de 16 equipos que protagonizarán, en horario de mañá e tarde, unha xornada lúdica e deportiva, á marxe do espírito competitivo pero hábil para a avaliación técnica e aprendizaxe.

O calendario de xogo, distribuído en tres pistas diferentes; así como os listados dos xogadores e xogadoras así como a referencia dos adestradores que colaborarán coa FGB nesta convocatoria referénciase tamén nos documentos que se achegan.

Xuntanza Minibasket – Calendario 30/09/17
Arousa – 30/09/17
Coruña – 30/09/17
Ferrol – 30/09/17
Lugo – 30/09/17
Ourense – 30/09/17
Santiago – 30/09/17
Vigo – 30/09/17
Galicia – 30/09/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram