A Xornada: horarios e datas

Achegamos os listados oficiais nos que se remiten os datos dos encontros que terán lugar esta fin de semana nas competicións FGB, ligas que están a vivir unha intensa recta final.

Neste sábado e domingo, 7 e 8 de xuño, destaca a disputa, en Compostela, das Fases Finais das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket, das que sairán os campións autonómicos en ambas categorías.

Pola súa banda,en formato de fase final chega tamén a última xornada para as segundas divisións júnior e cadete, que tanto en masculino como en feminino, a modo de concentración en Santiago de Compostela, dilucidarán os seus líderes definitivos.

Igualmente, a Copa Deputación Ourense porá o seu broche definitivo coa celebración das finais sénior, cadete feminino, infantil feminino e minibasket, esta última categoría establecendo os seus encontros para o martes, 10 de xuño.

Cambios
Notificar que as horas, datas e pistas que se publican xunto con cada encontro actualizaranse, se fose preciso, en función dos cambios que se produzan dende esta mesma tarde e ata o inicio da propia fin de semana de xogo.

Designacións Arbitrais: Fase Final Liga fGB Minibasket e Preminibasket

Horarios e Datas: Segundas Divisións
Horarios e Datas: Fase Final Minibasket e Preminibasket
Horarios e Datas: Terceira División
Horarios e Datas: Minibasket e Preminibasket
Horarios e Datas: Copa Deputación Ourense
Horarios e Datas: Copas Primavera
Horarios e Datas: Copas Primavera

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram