Superado o parón polas vacacións de Semana Santa, retomamos o aire competitivo, trasladando como é habitual cada mércores os listados nos que se recollen, ao completo, os encontros que terán lugar nas Ligas FGB durante os vindeiros sete días.
Destacar para esta fin de semana: a disputa da xornada final na liga regular FGB Júnior Feminina, coa súa correspondente entrega de trofeos a R.C. Celta Selmark (campión) e Peleteiro (subcampión); a ida das cruces clasificatorias finais na 2º División Masculina, e a estrea da Copa Deputación Ourense na nosa Delegación Zonal nesta provincia.
Cambios
Lembrar que as horas, datas e pistas que se publican xunto con cada encontro actualizaranse, se fose preciso, en función dos cambios que se produzan dende esta mesma tarde de ata o inicio da propia fin de semana de xogo.
Designacións Arbitrais: 23/04/14 – 30/04/14
Horarios e Datas: Cuarta División
Horarios e Datas: Copa Primavera Sénior.
Horarios e Datas: Liga FGB Minibasket
Horarios e Datas: Copa Deputación Ourense
Horarios e Datas: Terceira División
Horarios e Datas: Primeiras Divisións
Horarios e Datas: Segundas Divisións
Horarios e Datas: Minibasket e Preminibasket