O Programa de Tecnificación Autonómico FGB regresa a súa dinámica de concentracións. Escollendo a vila de Cambados como sede para a xornada de adestramentos, este domingo, 29 de maio; a área deportiva FGB reunirá a 22 xogadores e outras tantas xogadoras nadas no ano 2003, todos eles participantes de anteriores CETIS de ámbito zonal.
O Pavillón do Pombal será escenario do seu traballo, repartido en quendas de mañá e tarde; e liderado por dous adestradores colaboradores habituais da estrutura FGB: Cristino Menor, en categoría masculina; e Fernán Varela, en feminina.
Os datos de referencia dos 44 participantes que integrarán este CETI 2003 poden consultarse nos documentos que achegamos:
29/05/16
Grupo Masculino 2003
10:00 h a 12:00 h e de 16:00 h a 18:00 h
Adestrador: Cristino Menor Parra
Grupo Feminino 2003
12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:00 h
Adestradores: Fernán Varela Faílde
CETI 2003 Feminino – 29/05/16
CETI 2003 Masculino – 29/05/16