A Vilagarcía Baket Cup presenta a súa 19º edición

vilagarciabasketcup.es

vilagarciabasketcup.es

(info: C.B. Vilagarcía) Na mañá do martes, 2 de abril; no Pazo de Rubianes tivo lugar a presentación da 19 edición da Vilagarcía Basket Cup, competición que neste 2014 contan cun padriño de luxo, Zan Tabak, quen compartiu cos presentes nesta posta de longo unha bonita velada.

Pola mañá, na rolda de prensa, o tres veces campión de Europa e campión da NBA mostrouse sorprendido ao ver como unha cidade como Vilagarcía é capaz de realizar un torneo de tal envergadura e que é xa un referente a nivel mundial.

Acompañado pola Concelleira de Deportes do Concello de Vilagarcía, Elena Suárez; e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; Tabak destacou a importancia da VBCup como escaparate para todas as novas promesas de baloncesto.

Non quixo esquecer aos máis peques resaltando o éxito de concentrar por centos de nenos en 4 días nun mesmo pavillón. Un auténtico luxo para todos os xogadores que chegarán a Vilagarcía en Semana Santa.

Tras a rolda de prensa, os alí presentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca o Pazo de Rubianes grazas a unha visita guiada polos xardíns para concluír a mañá cunha pequena degustación.

Pero pola tarde proseguiron as actividades. A familia do CB Vilagarcía puido coñecer máis a fondo a este padriño tan especial.
Tabak estivo durante máis dunha hora compartindo experiencias e respondendo ás preguntas dos xogadores e xogadoras do CEBÉ que, cun comportamento e respecto exemplares, preguntáronlle ao padriño todo sobre a súa traxectoria baloncestística. Acompañados polos seus familiares e amigos, déronlle vida a un pavillón de Castelao cheo e cun gran ambiente.

Tras a roda de preguntas e o speech de Zan Tabak, todos tiveron a posibilidade de sacarse fotos co ex xogador croata.
Unha xornada especial e diferente para o toda a familia rosa. Unha bonita experiencia o poder compartir esta xornada co seu padriño. Un día que os máis pequenos, seguro, non esquecerán.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram