A vila de Tomiño, aliada constante da FGB para o Programa de Tecnificación

O binomio Tomiño – FGB reaparece con forza. A convocatoria dun novo Centro de Tecnificación é a responsable. Tras celebrar nesta vila pontevedresa dúas citas deste tipo nos pasados meses de decembro e xaneiro, este domingo, 5 de febreiro,o programa de promoción da FGB volve a ser o centro de atención no Pavillón de Carballa.

Unha vez máis a nosa Delegación en Vigo abre ás categorías benxamín, alevín e infantil a posibilidade de participar nesta actividade, onde a promoción do baloncesto e a aprendizaxe dos seus fundamentos vincúlanse con forza.

Para este propósito habilita entre as 10.30h e as 13.00 h unha completa sesión de exercicios, convocando e convidando a todos os rapaces de Tomiño e arredores que xa saben o que é un CETI, así como por suposto a aqueles que aínda non tiveron ocasión de coñecer o que supón. Para todos, a benvida e a o apoio técnico, grazas á colaboración de adestradores da zona, están asegurados.

Equipo de traballo
A resposta dos técnicos vigueses está a ser de excepción, contando para cada CETI coas súas ideas e activa presenza. E precisamente este domingo, sumándose á lista de nomes que xa teñen colaborado con José Luis Pérez, máximo responsable deportivo da Delegación, estarán: Reyes Antón (Compañía de María ), Carlos Rodríguez e Sergio Costela (Seis Do Nadal), Miguel Brasa (Defensores do Morrazo ) e Constante Soliño (Salesianos ). Un completo equipo, ben formado, disposto a dar o mellor de si para que os rapaces de Tomiño volvan a disfrutar das vantaxes do Programa de Tecnificación FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram