A VII Jamboree Minibasket de Clubs arrinca en Compostela

Un total de 225 deportistas pertencentes a 15 equipos de Baloncesto en categoría Minibasket dan vida dende este mércores, 22 de xuño; a “VII Jamboree Minibasket de Clubs” que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición celébrase no Pavillón do Restollal, con 6 equipos masculinos e 9 femininos que competirán ata o vindeiro 25 de xuño.

Gracias ao apoio do Concello de Santiago, a Federación Galega de Baloncesto desenvolve unha nova edición deste torneo de Minibasket, o cal leva sete anos consecutivos celebrándose en Santiago de Compostela como perfecto peche de temporada.
A nosa Comunidade está representada por 8 clubs, sumándose a estes dous representantes de fóra de Galicia: Baloncesto Feminino León e Enrique Soler de Melilla.

A participación galega está composta por Celta Baloncesto, CAB Pontevedra, Montrove, Estudiantes de Pontecedra, Carmelitas e Salesianos Vigo en categoría femenina.
En categoría masculina os clubs galegos son: Estudiantes de Lugo, Estudiantes de Pontevedra, Carmelitas, Montrove, Novobasket Vigo e Galogrín. Este último equipo é a representación compostelana no torneo.

A Competición
A VII Jamboree de Minibasket de Clubs consta de un total de 31 partidos repartidos en tres pistas de xogo e catro xornadas. A categoría masculina compite en dous grupos de tres equipos cada un. En categoría feminina o xogo divídese en dous grupos de catro e cinco equipos, respectivamente. Nos documentos que achegamos remitimos o calendario de xogo para cada xornada.

Jamboree Minibasket – Calendario e Resultados

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram