Chega a VI edición da Jamboree Nacional de Clubs Minibasket, cita que a Federación Galega de Baloncesto organiza dende o ano 2014 coa colaboración do Concello de Santiago. Este campionato oficioso e amigable desputarase na capital galega entre este sÔbado, 22 de xuño; e o martes 25, achegando Ô mesma a un total de 300 participantes pertencentes a diferentes clubs galegos e de Ômbito nacional.
A concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa; e o Presidente da Federación Galega, Franscisco MartĆn; presentaron neste xoves os detalles desta VI edición da Jamboree, a cal terĆ” lugar, ao completo, no pavillón do Restollal, e na que tomarĆ”n parte un total de 20 equipos: 9 masculinos e 11 femininos.
Estes 20 equipos participantes desputarĆ”n 56 partidos cubrindo tres pistas de xogo simultaneamente durante as catro xornadas de xogo. A competición levarase a cabo con dous grupos en cada categorĆa, tanto masculina como feminina, cubrindo liga a unha volta e deixando as cruces clasificatorias e finais para as xorandas de luns pola tarde e martes pola maƱƔ.
Os equipos participantes son:
En categorĆa masculina: CD Enrique Soler (Melilla), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), AD Valle InclĆ”n (Oleiros), Estudiantes Leyma Natura (Lugo), Aranguren Mutilbasket (Navarra), FEDESA (Santiago de Compostela), Obradoiro CAB (Santiago de Compostela), La Salle (Melilla) e Estudiantes de Pontevedra (Pontevedra).
En feminina: Celta Zorka Celeste (Vigo), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), CB Seis do Nadal (Vigo), Estudiantes Lugo Leyma Natura (Lugo), Baloncesto Femenino León (León), ), FEDESA (Santiago de Compostela), Cluny (Santiago de Compostela), La Salle (Melilla), Salesianos (Vigo) e AD ValleInclÔn (Oleiros).
O calendario de xogo para esta VI Jamboree Minibasket de Clubs pode consultarse xa nos documento que se achega.