Á venda na FGB entradas para o España – Canadá

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa FEB, e de cara a favorecer aos seus clubs e federados, establece a súa sede central, en Santiago de Compostela; como punto de venda de entradas, a PREZO ESPECIAL, para o España – Canadá, encontro debut da “Ruta Ñ 2014 ” que se celebrará o vindeiro 6 de agosto no Coliseum de A Coruña (20.00 h).

Todos os federados que desexen acceder ás entradas a través da FGB poderán adquirilas cun desconto específico en función da zona do Coliseum na que se atopen: Zona B: 25 €, Zona C: 15 € e Zona D: 10 €.

Os interesados nesta transacción deberán solicitala, en primeira instancia, a través do mail galicia2014@fegaba.com e posteriormente, e tras recibir a correspondente resposta, tramitarán o pago na conta 2100 1455 14 0200227406 (“la Caixa”). O concepto a indicar no abono será o de “entradas España”.

Unha vez ratificado este paso, a FGB indicará o modo de recollida das entradas adquiridas. O teléfono de contacto da entidade federativa (981 58 50 40) permanece aberto para calquera cuestión o dúbida relativa a este proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram