A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa FEB, e de cara a flexibilizar a posible compra aos seus clubs e federados, establecerá a súa sede central, en Santiago de Compostela; así como a súa Delegación en A Coruña como puntos de venda de entradas, a PREZO ESPECIAL, para o España – Alemania, encontro amigable que enfrontará o vindeiro 17 de agosto no Coliseum de A Coruña (22.00 h) a ambas seleccións absolutas masculinas dentro da Xira Ruta Ñ 2013.
En vindeiras datas informarase puntualmente de como tramitar esta posibilidade e que tipo de entradas e prezos estarán dispoñibles para a venda.