Á venda as últimas entradas para o España – Arxentina

A Federación Galega de Baloncesto dispón das derradeiras entradas de entre as que tiña á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira “Ruta Ñ” da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

Tras un elevado e continuo ritmo de demanda, a FGB mantén a día de hoxe a disposición do público unicamente das indicadas entradas. As mesmas pertencen ás zonas do Coliseum que a continuación se indican:

Tendido Alto Sección 2: 25 €
Tendido Alto Sección 6: 25 €

Procedemento de compra
Os interesados en facerse con entradas deste último bloque deben tramitar en primeira instancia o seu pago na conta 2080 0392 203040002932 de Novagalicia Banco. O concepto a indicar no mesmo é o de Entradas España.

Posteriormente, o xustificante deste ingreso debe remitirse ao email entradas@fegaba.com, dirección na que indicar, á súa vez, o lugar no que se desexan recoller as entradas (sede central da FGB en Santiago de Compostela ou Delegacións Zonais).

A Federación Galega ten aberto o seu número de contacto (981 58 50 40) para calquera cuestión ou dúbida en torno a esta xestión

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram