Á venda as últimas entradas para o España – Arxentina

– Esgotadas xa as de 50 e 35 euros, unicamente permanecen dispoñibles as derradeiras entradas de 25 euros.

A Federación Galega de Baloncesto dispón da venda das derradeiras entradas para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán o vindeiro 20 de xullo no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira “Ruta Ñ” da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

Tras un elevado ritmo de demanda no que vai de semana, a FGB mantén a día de hoxe a disposición do público unicamente entradas pertencentes ás zonas do Coliseum que a continuación se indican:

Tendido Alto Sección 2: 25 €
Tendido Alto Sección 6: 25 €

Pola súa banda, as entradas correspondentes ao Tendido Baixo Sección 3, de 50 euros, e ao Tendido Medio Sección 2, de 35 euros, están xa completamente esgotadas.

Procedemento de compra
Os interesados en facerse coas derradeiras entradas á venda deben tramitar en primeira instancia o seu pago na conta 2080 0392 203040002932 de Novagalicia Banco. O concepto a indicar no mesmo é o de Entradas España.

Posteriormente, o xustificante deste ingreso debe remitirse ao email entradas@fegaba.com, dirección na que indicar, á súa vez, o lugar no que se desexan recoller as entradas (sede central da FGB en Santiago de Compostela ou Delegacións Zonais)

A Federación Galega ten aberto o seu número de contacto (981 58 50 40) para calquera cuestión ou dúbida en torno a esta xestión.

Consulta aquí a ubicación dos Tendidos con entradas á venda na FGB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram