A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia, o martes 20 no Estadio Multiusos de San Lázaro

A Federación Galega de Baloncesto desexa facerse eco da vindeira visita da Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia ás inmediacións do Estadio Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela), en concreto xusto diante da sede da Secretaría Xeral para o Deporte.

Esta unidade permanecerá alí situada o próximo martes, 20 de marzo, ofrecendo a todos os que o desexen, entre as 09.30h e as 14.30 h, a posibilidade de doar sangue.

Esta iniciativa, que nos chega promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego conscientes de que existe un grave problema coas reservas de sangue, pretende sensibilizar e mobilizar ao mundo do deporte, un ámbito que pode aportar moito neste caso. Os Deportistas, técnicos, directivos e afeccionados son persoas sensibles a estes problemas e polo tanto estamos seguros que entre todos podemos cubrir estas necesidades e importantes urxencias.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram