A Tecnificación e o Preminibasket, da man na “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”

A Área Deportiva da FGB continúa desgranando o intenso programa da “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, a celebrar este domingo, 17 de marzo; en Compostela (Colexio Manuel Peleteiro).

Se nos pasados días descubrimos as súas vertentes formativa e educacional, no día de hoxe danse a coñecer os detalles da súa faceta metodolóxica, materializada a través dun Centro de Tecnificación de carácter Autonómico que reunirá a un total de 150 xogadores preminis.

En horario de mañá, e con 49 clubs galegos representados na pista, a FGB concentrará o seu traballo técnico coa categoría premini, repartindo o mesmo en tres quendas diferenciadas segundo a idade dos participantes: nados e nadas en 2002, 2003 e 2004; e con diferentes adestradores responsables segundo o xénero: Cristino Menor, Dario Méndez e Javier Cotelo para a categoría masculina, e Cristina Cantero, Lucía González e Mariña Penedo para a feminina.

Nos listados que achegamos xunto a esta información indícanse os datos de todos os xogadores e xogadoras convocadas, así como o seus clubs de orixe, aos que, dende aquí, agradecemos a súa colaboración para poder levar a cabo esta particular cita, que, por outra banda, non chega exenta de sorpresas.

Visita Especial “ACB”
Así, a xornada de traballo traerá consigo unha particular recompensa para todos os nenos e nenas que se dean cita nos CETIS. Os xogadores obradoiristas Rafa Luz e Micky Stobart achegaranse ata o colexio Manuel Peleteiro e compartirán parte da mañá con eles, transmitíndolles a súa paixón polo baloncesto e dando a coñecer anécdotas da súa traxectoria e da actual temporada en ACB do club da capital galega.

CETI 2002
CETI 2003
CETI 2004

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram